Escrito o:
Ribadeo acollerá a próxima xornada informativa sobre a SEPA
Dende a CEL estamos a organizar en Ribadeo, novamente coa colaboración de Caixa Rural Galega, así coma co apoio de Acisa Ribadeo, unha XORNADA INFORMATIVA sobre a SEPA (Single European Payments Area), a Zona Única de Pagos en Euros cuxa normativa afecta á mecánica de cobros e pagos en diversas operacións (transferencias, adeudos domiciliados, cartóns...) e que formalmente entrou en vigor o pasado día 1 de febreiro de 2014 nun total de 33 países, entre os que se atopa España.
Aínda que a Comisión Europea aprobou unha proposta pola que se aproba un breve prazo extraordinario para evitar prexuízos á operativa de cobros e pagos que permitirá, TEMPORALMENTE, aos axentes que non puidesen completar a transición á SEPA a tempo, seguir procesando as súas operacións polas canles tradicionais, dende a CEL recomendamos ás empresas que efectúen esta adaptación canto antes.
Xornada Ribadeo
O encontro informativo que terá lugar en Ribadeo ten por obxectivo explicar as normas de funcionamento que rexerán na SEPA e como afecta as empresas, así como resolver calquera dúbida que poida expórselle ao empresario sobre a súa aplicación. Terá lugar o mércores día 19 de febreiro, a partir das 20:00 h., na Casa do Mar de Ribadeo (Clemente Martínez Pasarón, s/n - 27.700 de Ribadeo). Ao final desta entrada pode descargarse o programa.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que é obrigatorio formalizar na seguinte ligazón:
BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN
C/Clemente Martínez Pasarón, s/n
27.700 Ribadeo