Escrito o:
Últimas prazas para os cursos de Recursos Humanos e Turismo
Os cursos de “Xestión de Recursos Humanos” e de “Xestión de Unidades de Información e Distribución Turísticas”, en ámbolos dous casos módulos asociados a certificados de profesionalidade, están a punto de pecharse: se estás interesado, aínda podes resultar seleccionado para algunha das últimas prazas dispoñibles.
De carácter totalmente presencial (as clases terán lugar en horario de 10:00 a 14:00 horas no noso Centro de Formación, entre os meses de febreiro e abril), están dirixidos soamente a persoas en situación de desemprego e que estén en posesión do título de Bacherelato, COU, técnico de FPII ou técnico de Ciclo de Grao Superior de FP, pois trátase de módulos formativos asociados a certificados de profesionalidade de nivel 3.
Os interesados en acceder a estos cursos obrigatoriamente teñen que inscribirse online a través da web habilitada ao efecto.
Programa MF0238_3 XESTIÓN DE RECURSOS HUMANOS
UF0345: APOIO ADMINISTRATIVO Á XESTIÓN DE RECURSOS HUMANOS (60 HORAS)
Organización do traballo e Recursos Humanos.
Reclutamento e selección de persoal.
Formación de Recursos Humanos.
Avaliación do desempeño do posto de traballo.
UF0346: COMUNICACIÓN EFECTIVA E TRABALLO EN EQUIPO (60 HORAS)
Habilidades personais e sociais.
Habilidades sociais de especial interese no ámbito laboral.
A comunicación na empresa.
Liderazgo e traballo en equipo.
A motivación na empresa.
Técnicas de evitación e resolución de conflictos.
A orientación ao cambio.
UF0044: FUNCIÓN DO MANDO INTERMEDIO NA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS (30 HORAS)
Fundamentos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
O papel do mando intermedio na prevención de riscos laborais.
Técnicas básicas de prevención de riscos laborais para mandos intermedios.
Tipos de risco e medidas preventivas.
Primeiros auxilios.
MÓDULO I: FORMACIÓN PARA A IGUALDADE (10 HORAS)
MÓDULO II: ALFABETIZACIÓN INFORMÁTICA: INTERNET (10 HORAS)
PROGRAMA MF0268_3 XESTIÓN DE UNIDADES DE INFORMACIÓN E DISTRIBUCIÓN TURÍSTICAS
UF0077:: PROCESOS DE XESTIÓN DE UNIDADES DE INFORMACIÓN E DISTRIBUCIÓN TURÍSTICAS (70 HORAS)
A planificación nas empresas e entidades de distribución e información turísticas.
Xestión e control orzamentarios en unidades de distribución e información turísticas.
Estrutura financieira das axencias de viaxes e outros distribuidores turísticos.
Avaliación de costes, productividade e análise económico para axencias de viaxes e outros distribuidores turísticos.
A organización nas axencias de viaxes, outros distribuidores turísticos e entidades de información turística.
A función de integración de persoal en unidades de distribución e información turísticas.
A dirección de persoal en unidades de distribución e información turísticas.
Aplicacións informáticas específicas para a xestión de unidades de información e distribución turísticas.
UF0049: PROCESOS DE XESTIÓN DE CALIDADE EN HOSTALARÍA E TURISMO (50 HORAS)
A cultura da calidade nas empresas e entidades de hostalaría e turismo.
A xestión da calidade na organización hosteleira e turística.
Procesos de control de calidade dos servizos e produtos de hostalaría e turismo.
MÓDULO I: FORMACIÓN PARA A IGUALDADE (10 HORAS)
MÓDULO II: ALFABETIZACIÓN INFORMÁTICA: INTERNET (10 HORAS)
ACCESO A PLATAFORMA DE INSCRICIÓN