Voltar atrás

Escrito o:

Programa Avanzado en Empresas de Economía Dixital

No noso de Plan de Formación Intersectorial 2014 demos prioridade a accións formativas relacionadas coa mellora das capacidades relacionadas coas novas tecnoloxías da información e a comunicación, que hai xa anos están a marcar non só a xestión de novos negocios, senón a propia concepción dos xa existentes.

Nestas liñas inscríbese o Curso "Programa Avanzado en Empresas de Economía Dixital", que a través dos seus diferentes módulos formativos trata de: dar a coñecer as ferramentas tecnolóxicas dispoñibles na actualidade para a mellora da evolución empresarial, fomentar a comprensión da importancia da presenza das empresas hoxe día en Internet, dar a coñecer os procesos de implantación dun sistema de seguridade de datos e facilitar o coñecemento de diferentes alternativas tecnolóxicas para a confección dunha estratexia de presenza da empresa na Rede.

Programa

A fin de facilitar o cumprimento destes obxectivos o programa do curso, de 175 horas de duración e que se impartirá na modalidade de formación mixta (presencial e teleformación), desenvolverase segundo os seguintes módulos:

    Módulo I: Principais Ferramentas Tecnolóxicas e Corporativas
    Módulo II: A Empresa en Internet
    Módulo III: Seguridade
    Módulo IV: Estratexia Tecnolóxica
    Módulo V: Formación para a Igualdade
    Módulo VI: Alfabetización Informática: Internet


O curso inclúe a realización de exercicios prácticos online para cada apartado de contido por módulos formativos, a fin de mellorar a experiencia formativa e a adquisición formal de coñecementos.

Como o resto de cursos contidos no Plan de Formación Intersectorial CEL 2014, esta acción formativa está preferentemente dirixida a traballadores, aínda que poden participar tamén desempregados.

                                                      MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS