Voltar atrás

Escrito o:

SEPA. Retos e Oportunidades para a Actividade Empresarial.

Ante a inminente entrada en vigor da Zona Única de Pagos en Euros (SEPA - Single Euro Payments Area), o próximo día 1 de febreiro de 2014, e a necesidade de que todos os usuarios estean adaptados no prazo fixado, organizamos unha nova xornada informativa sobre este espazo harmonizado de pagos, que se suma á que xa puxemos en marcha no mes de novembro coa colaboración de Caixa Rural Galega.
 
Nesta ocasión contamos para a posta en marcha desta xornada con Novagalicia Banco, en cuxa representación participará como relator D. Manuel Rodríguez López, da área de Cobros e Pagos desta entidade, e que entre outras actividades é membro da Comisión de Expertos de Financiamento e Valoración de Empresas da Asociación Española de Contabilidade e Administración de Empresas (AECA), participou en proxectos como o sectorial de xestión do risco na Confederación Española de Caixas de Aforros (CECA) e forma ademais parte da Comisión de CECA de Estandarización e Sistemas de Pago. No Banco de España é, ademais, membro do Observatorio SEPA.

Programa

Marco normativo, instrumentos de pago... son algunhas das cuestións que se analizarán en profundidade no marco deste encontro, de especial interese para empresas e autónomos, que haberán de adaptar os seus procesos contables, de cobro, pago e facturación á nova normativa. Ao final desta entrada facilítase descarga do programa.
 
A nova xornada terá lugar o vindeiro luns, día 20 de xaneiro de 2014 a partir das 18:00 h. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

                                                          AFORO CUBERTO. INSCRICIÓN PECHADA.

XORNADA PARA ASOCIAD@S

¡ATENCIÓN! A XORNADA MODIFICOU A SÚA UBICACIÓN INICIAL. Ante o alto número de inscricións rexistrado, terá lugar na nosa ESCOLA DE EMPRESARIOS E CENTRO DE FORMACIÓN e non na sede central como inicialmente estaba previsto. Disculpen as molestias. Grazas.

ESCUELA DE EMPRESARIOS Y CENTRO DE FORMACIÓN CEL
Rúa Manuel Murguía 6-Bajo
27.003 LUGO