Voltar atrás

Escrito o:

Novos Cursos CEL

Xa está en marcha o noso Plan de Formación Intersectorial 2014: dende hoxe, está aberto o prazo de inscrición no total de trinta e uns cursos que conforman esta programación formativa, que comezará a impartirse xa o próximo día 22 de xaneiro.

Na oferta formativa deste ano desde a CEL priorizamos accións relacionadas coa formación en novas tecnoloxías, informática e comercial, a fin de fomentar a adquisición de coñecementos e habilidades relacionados con ocupacións de carácter emerxente ou en alza, como poden ser Community Manager, experto en Social Media Management, Programador ou experto en Seguridade e Protección de Datos.

Na mesma liña, optouse pola oferta de cursos relacionados con carencias formativas detectadas na provincia, entre as que se atopan os idiomas (están previstos cursos de Inglés, Alemán e Italiano) e, novamente, a informática (ofertaranse cursos de Microsoft, Fotografía Dixital, ou Deseño asistido por ordenador, entroutros).

As áreas de xestión empresarial, recursos humáns e saúde laboral teñen de novo un peso específico no noso plan formativo: con alta demanda de forma tradicional, tratarase ademais a través das accións previstas de proporcionar formación de utilidade para futuros emprendedores (personas en situación de desemprego ou traballando cunha idea de negocio), polo que se inclúen cursos como de Creación e Xestión de Microempresas ou Xestión Contable, Fiscal e Laboral en Pequenos Negocios ou Microempresas, entroutros.

O plan complétase con dous cursos que forman parte (son módulos) de formación para a obtención do certificado de profesionalidade: un sobre Xestión de Unidades de Información e Distribución Turística e outro sobre Xestión de Recursos Humáns.

En virtude deste plan, impartiremos 4.423 horas de formación a un total de 704 alumnos.

Destinatarios

Os plans de formación intersectoriales, financiados a través da Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo, están dirixidos prioritariamente a traballadores en activo, aínda que tamén poden participar desempregados até un máximo do 40% do total do alumnado. A maiores, poden inscribirse traballadores das Administracións Públicas, a condición de que a súa participación non supere o 10% do alumnado total dos cursos.                                 

                                  VER LIXTAXE DE CURSOS E PLATAFORMA PREISNCRICIÓN

Aviso:

A fin de actualizar a nosa base de datos, a primeira vez que un alumno se inscriba nun curso deste Plan ten que rexistrarse coma se nunca fose usuario da web, independentemente de que en anos anteriores participase nas nosas accións formativas.