Voltar atrás

Escrito o:

Curso de Community Manager

Comeza o novo curso escolar tamén na nosa Escola de Empresarios e Centro de Formación. E faio co noso Plan Intersectorial de Formación 2014, dirixido preferentemente a traballadores, e deseñado en base á Orde da Consellería de Traballo e Benestar pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas.

En total, no marco deste Plan impartiranse 31 cursos, dous dos cales darán comezo este mesmo mes: os cursos de Prevención de Riscos Laborais e de Community Manager.

O Curso de Community Manager está dirixido preferentemente a traballadores por conta allea, aínda que tamén poden participar desempregados. Dará comezo o próximo día 24 de xaneiro, venres, e finalizará o día 27 de febreiro.

Esta acción formativa, de 85 horas, impartirase integramente na modalidade de teleformación (formación online).

Módulos

O programa formativo deste curso contempla catorce módulos formativos, doce deles específicos da acción formativa, e dous transversais.

  •     Módulo I: Introdución á Web 2.0
  •     Módulo II: Blogs Corporativos
  •     Módulo III: Guía para crear un Blog Corporativo
  •     Módulo IV: Oportunidades e Desafíos dos Social Media para as Empresas
  •     Módulo V: Uso de Facebook para as Empresas (Parte I)
  •     Módulo VIN: Uso de Facebook para as Empresas (Parte II)
  •     Módulo VII: Uso de Twitter para as Empresas (Parte I)
  •     Módulo VIII: Uso de Twitter para as Empresas (Parte II)
  •     Módulo IX: Marcadores Sociais e Agregadores de Noticias
  •     Módulo X: A figura do Community Manager
  •     Módulo XI: Responsabilidades e Tarefas do Community Manager
  •     Módulo XII: O Plan de Social Media
  •     Módulo XIII: Alfabetización Informática - Internet
  •     Módulo XIV: Formación para a Igualdade

En total, o curso conta con 53 prazas. Darase prioridade a persoas ocupadas que exerzan a súa actividade nas pequenas e medianas empresas da provincia.

                           ACCESO A PLATAFORMA PARA PREINSCRICIÓN

A selección de alumnos realizarase unha vez finalizado o proceso de presinscripción en cada curso. Recibirá unha comunicación coa información de se foi ou non seleccionado, confirmándolle se é o caso a praza no curso.

Ao longo dos próximos días informaremos de novas accións formativas.