Escrito o:
Curso de PRL
Comeza o novo curso escolar tamén na nosa Escola de Empresarios e Centro de Formación. E faino co noso Plan Intersectorial de Formación CEL 2014, dirixido preferentemente a traballadores, e deseñado en base á Orde da Consellería de Traballo e Benestar pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas.
Xunto cun Curso de Community Manager, unha das accións formativas cos que abrimos o novo período lectivo é un Curso de Prevención de Riscos Laborais. Aínda que está dirixido preferentemente a traballadores por conta allea, tamén poden participar desempregados. Dará comezo o próximo día 22 de xaneiro, mércores, e finalizará o día 27 de febreiro.
O curso, de 95 horas, impartirase na modalidade de formación mixta, cun total de cinco horas presenciais e noventa de teleformación (formación online).
Módulos
O programa formativo deste curso contempla seis módulos formativos, catro deles específicos da acción formativa, e dous transversais.
- Módulo I: Conceptos Básicos de Seguridade e Saúde no Traballo
- Módulo II: Riscos Xerais e a súa Prevención
- Módulo III: Xestión da Prevención de Riscos
- Módulo IV: Primeiros Auxilios
- Módulo V: Alfabetización Informática - Internet
- Módulo VII: Formación para a Igualdade
En total, o curso conta con 20 prazas. Darase prioridade a persoas ocupadas que exerzan a súa actividade nas pequenas e medianas empresas da provincia.
ACCESO A PLATAFORMA PARA PREINSCRICIÓN
A selección de alumnos realizarase unha vez finalizado o proceso de preinscrición en cada curso. Recibirá unha comunicación coa información de se foi ou non seleccionado, confirmándolle se é o caso a praza no curso.
Ao longo dos próximos días informaremos de nuevas accións formativas.