Voltar atrás

Escrito o:

Calendario Laboral 2014

Xa está listo o noso modelo de Calendario Laboral para 2014!

Na sección de documentación desta web xa podedes descargar o modelo en pdf que confecionamos dede a CEL para facilitar a súa exposición no voso centro de traballo, en cumprimento do establecido na Lei do Estatuto de Traballadores (o Art. 34.6 dispón expresamente a obrigatoriedade de exposición nun lugar visible para empresas con traballadores), ou solicitar exemplares impresos á nosa sede central no número de teléfono 982 23 11 50 (servizo só para empresarios asociados).

O modelo de Calendario Laboral da CEL contén información dos festivos nacionais (Resolución, de 8 de novembro, da Dirección Xeral de Emprego), autonómicos (Decreto 127/2013, de 1 de agosto, da Xunta de Galicia), e dos provinciais (Resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar - BOP de 22 de outubro de 2013), así como outros datos adicionais de interese como os domingos e festivos de apertura comercial.

Contén así mesmo apartados específicos para o seu cumplimentación e selado individualizado por parte das empresas.

Os exemplares impresos están xa dispoñibles na nosa sede central.

              ENTRADA PARA DESCARGA DE CALENDARIO