Escrito o:
Xornada Informativa ¿Estás preparado para o SEPA?
O próximo día 1 de febreiro de 2014 entrará en vigor, de forma irrevogable, o SEPA (Single Euro Payments Area), o espazo harmonizado de pagos en euros que se implantará en 33 países (os 28 países membros da UE, así com Islandia, Liechtenstein, Mónaco, Noruega e Suíza), e que implicará que todas as operacións realizadas neste ámbito territorial estean suxeitas a un conxunto de regras e condicións homongéneas e comúns.
Todas as institucións e organismos públicos, así como todo o tecido de grandes empresas e pemes, autónomos, comercio... haberán de estar adaptados a este sistema á data de entrada en vigor.
O SEPA implicará a realización de diferentes cambios por parte das empresas, que terán que axeitar os seus procesos de pago e cobro á normativa específica deste sistema. Entre outras adaptacións, suporá que os negocios teñan que migrar os datos das contas corrientas de clientes e provedores ao novo código IBAN; solicitar o código IBAN en calquera actividade comercial con terceiros e/ou empregados para substituír o Código Conta Cliente (c/c/c); axustar os ficheiros de intercambios bancarios ás novas normas estándares SEPA; gardar as autorizacións dos clientes para poder domiciliar adeudos (xerar recibos domicilados SEPA) a través dun único mandato normalizado; revisar e no seu caso adecuar documentos comerciais como facturas, contratos, etc.
Xornada en Lugo
Coa finalidade de dar a coñecer este sistema, os cambios que implica e posibles solucións, así como resolver calquera dúbida respecto ao SEPA, desde a Confederación de Empresarios de Lugo e Caixa Rural Galega organizamos a Xornada Informativa para Empresas "Estás preparado para o SEPA?", que terá lugar o luns día 25 de novembro, a partir das 18:00 horas, en Lugo na nosa Escola de Empresarios (Rúa Manuel Murguía, 6-Bajo).
O programa completo pode descargarse ao final desta entrada. A xornada resultará de especial utilidade para empresarios e traballadores da área de administración contable e financieira.
As inscricións efectuaranse unicamente online picando na seguinte ligazón:
INSCRICIÓN ONLINE (Aforo completo. Proceso pechado)
Escuela de Empresarios CELRúa Manuel Murguía, 6- Bajo
27.003 LUGO