Voltar atrás

Escrito o:

Workshops para a Internacionalización

Lugo, Vigo Ourense e Braga acollerán ao longo do próximo mes de novembro un total de 40 Talleres de Traballo para a Internacionalización (Workshops), digiridos a PEMES do sector agroalimentario e afíns interesadas na internacionalización dos seus produtos a través das novas tecnoloxías (TIC).

O obxectivo final destes Workshops é o de proporcionar claves e ferramentas básicas de axuda a empresas interesadas en impulsar as súas vendas no exterior.

Os talleres impartiranse de forma GRATUÍTA e abordarán o seguinte programa (máis info no folleto descargable ao final desta entrada):

     Taller 1 : Selección de mercados
     Taller 2 : Análise da competencia
     Taller 3 : Análise de clientes e canle de distribución
     Taller 4 : Posicionamento de marca
     Taller 5 : Plataforma de promoción e Trading virtual

Os mesmos 5 talleres repetiranse en dous días consecutivos en cada unha das localidades (Lugo, Vigo, Ourense e Braga), podendo o participante elixir unha das dúas datas á súa conveniencia, así como a localidade. Por outra banda, pódese participar en todos ou ben nalgún dos talleres, segundo interese e dispoñibilidade. Inscrición picando en cada localidade.

     Lugo: 11 e 12 de novembro
     Ourense: 13 e 14 de novembro
     Vigo: 18 e 19 de novembro
     Braga: 20 e 21 de novembro

Estos talleres inscríbense no marco do proxecto LAN Pymexport, que ven desenvolvendo a CEL xunto con Anfaco-Cecopesca, CTC e Bic Minho, coa cofinanciación de fondos FEDER e da UE, dentro do Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal (POCTEP 2007-2013).

MÁIS INFO