Voltar atrás

Escrito o:

Aforo completo nunha xornada sobre perspectivas económicas e financieiras na CEL

A sede central da CEL acolleu onte unha xornada informativa promovida polo BBVA a través da que esta entidade financeira tratou de achegar a súa experiencia no segmento da banca privada, así como a súa visión sobre a globalización dos mercados financeiros e a súa complexidade de cara a un correcto asesoramento a clientes.

A reunión, celebrada baixo o título "Perspectivas 2013" congregou a preto de 60 profesionais dos sectores de asesoría, consultoría, xestoría e correduría de seguros.

Daniel Miguel, director de zona de BBVA, e Jaime López, secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), inauguraron a xornada, que contou, entre outros especialistas, coa presenza de Enrique Marazuela, director de Investimentos de Banca Privada de BBVA.

O obxectivo de BBVA coa organización destes encontros é achegar a súa experiencia no segmento de banca privada aos seus clientes actuais e aos potenciais, co fin de informar, asesorar e ofrecer a súa visión da economía e do mercado financeiro, un coñecemento que é moi recoñecido polos clientes na actual contorna económica.

No marco da xornada o BBVA ofertou ademais aos profesionais asistentes a alternativa de complementar a súa actividade habitual co asesoramento en produtos financeiros e bancarios a través da súa Rede de Axentes e Colaboradores, "nun modelo de partenariazgo transparente, eficiente e altamente rendible tanto para o cliente final como para o colaborador", segundo declararon os seus representantes.