Voltar atrás

Escrito o:

Talleres Prácticos Relaxación: Controla o Estrés Laboral

Co obxectivo de facilitar a adquisición de técnicas de relaxación para combater situacións de tensións derivadas do exercicio profesional, desde a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organizamos, co financiamento da Fundación para a Prevención de Riscos Laborais, os "Talleres Prácticos de Relaxación: Controla o Estrés Laboral".

Os talleres contemplan no seu programa, que será integramente práctico, iniciación en técnicas para preparar o traballo de respiración, exercicios liberadores de tensións, iniciación en técnicas de relaxación, entre outras cuestións.

Destinatarios

Estas accións divulgativas están destinadas preferentemente a traballadores e empresarios de pequenas e medianas empresas (até 49 traballadores), polo que a praza se cubrirán primeiro coas persoas que respondan a este perfil.

En total celebraranse dous talleres que terán lugar no Ximnasio DISOM de Lugo, en horario de 20:15 a 21:30 horas, os xoves 31 de outubro e 7 de novembro de 2013.

Inscricións:

Boletín de inscrición Taller 31 de outubro (AFORO COMPLETO. LISTA ESPERA)

Boletín de inscrición Taller 7 de novembro (AFORO COMPLETO. LISTA ESPERA)

Ao final desta entrada facilítase descarga do programa dos talleres. Máis info no número de teléfono 982 23 11 50.