Voltar atrás

Escrito o:

Novagalicia Banco ofertará condicións vantaxosas nos seus produtos e servizos aos asociados da CEL

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Novagalicia Banco subscribiron hoxe un convenio de colaboración co obxectivo de facilitar o acceso a produtos e servizos financeiros desta entidade bancaria en condicións vantaxosas por parte das Asociacións e empresarios asociados á CEL.

O acto de firma tivo lugar na sede central da Confederación. Subscribiron o acordo Juan Carlos Carneiro Caneda, director territorial de Novagalicia Banco en Lugo e Ourense, e Jesús Quintá García, conselleiro delegado da CEL.

Ámbalas dúas entidades, comprometidas coa dinamización do tecido empresarial galego e o favorecimiento do desenvolvemento social e económico de Galicia, abren ademais vías de colaboración en relación con áreas como potenciación da promoción empresarial, fomento do emprego ou realización de estudos e análises do mundo empresarial, entre outras.

O conselleiro delegado da CEL, Jesús Quintá, destacou que espera que este acordo abra mellores perspectivas para o acceso a financiamento para parte as empresas lucenses poidan afrontar novos investimentos.

Pola súa banda, Juan Carlos Carneiro destacou que "a nosa colaboración coa CEL é mostra do apoio de Novagalicia Banco ás empresas de Galicia, e especificamente ás de Lugo. Polo seu papel como axentes xeradores de riqueza, as empresas son obxecto de atención prioritaria para nós".

Novagalicia Banco mantén un forte compromiso coa dinamización da economía galega a través de acordos con asociacións empresariais e profesionais como o subscrito coa Confederación de Empresarios de Lugo. No primeiro semestre de 2013 a entidade investiu en Galicia un total de 2.159 millóns de euros en créditos novos e aumentou un 2% a súa cota de mercado de crédito en Galicia, con especial incidencia no crédito novo a micropemes, pemes, autónomos, emprendedores e empresas medianas.

Ver máis