Voltar atrás

Escrito o:

INFO DAY Erasmus for Young Entrepeneurs

O Igape, a  Universidade de Santiago de Compostela e Uninova, organizan un Info Day coa finalidade de dar a coñecer aos empresarios galegos o Programa Erasmus for Young Entrepreneurs da Comisión Europea, e as vantaxes que poden ter acollendo a emprendedores doutros países en base a este Programa. No marco deste encontro tamén se informará sobre os apoios que actualmente ofrece o Igape no eido do emprendemento.

Este Info Day ou xornada informativa terá lugar o próximo 11 de outubro, no Salón de actos do Edificio Cersia, en Santiago.

O Programa Erasmus for Young Entrepreneurs permite que empresarios de pequenas e medianas Empresas poidan acoller a un novo emprendedor doutro país da Unión Europea por un período de entre 1 e 6 meses de forma totalmente gratuíta. Para poder participar simplemente hai que rexistrarse na páxina web do Programa Erasmus.

Inscrición

A inscrición na xornada é gratuita, enviando un correo electrónico indicando o nome do participante, o seu cargo e a entidade á que pertence a rosamaria.sanchez@usc.es.

VER PROGRAMA DA XORNADA