Voltar atrás

Escrito o:

Xornada 'Nunca é tarde se a ferramenta é boa'

Este luns, día 30 de setembro, á 19:30 horas, na nosa sede central en Lugo, terá lugar a xornada informativa "Nunca é tarde se a FERRAMENTA é boa", a través da que nos achegaremos ó COACHING como ferramenta de desenvolvemento persoal e profesional, e como ferramenta de xestión (de obxectivos, de equipos, de ideas...) nunha empresa.

Na xornada abordaránse cuestións como establecimiento de obxectivos, importante tanto na vida persoal como profesional e as características que debe  ter un bo obxectivo. Abordarase tamén a comunicación, aspecto tamén relevante na nosa vida persoal e profesional; particularmente na empresa pois en moitas ocasións ó fallar a comunicación e as canles a través das cales  se establece a transmisión de obxectivos, accións, directrices etc., falla a consecución de obxectivos. Reflexionarase, por tanto, sobre como se comunica.

Abordarase tamén na xornada do luns a xestión de equipos. Nas Organizacións os equipos son máis que equipos grupos de traballo e conseguir equipos de alto rendimiento multiplica los resultados empresariales. Analizarase como o coaching pode axudar ás empresas a conseguir equipos eficientes e de alto rendemento.

O luns tamén se presentarán as Xornadas Internacionales de Coaching (XIC), que terán lugar en Santiago os próximos días 18 e 19 de octubre e que reunirá a coach de diferentes países ó coincidir co Congreso Internacional de International Coaching Comunity (ICC), organización que aglutina a máis de 8.000 coach a nivel mundial. Un Congreso que no seu programa inclúe variadas accións e que contará con destacadas figuras do coaching como Joseph O’connor, un dos pioneiros do coaching e Pedro Luis Uriarte Ex Vicepresidente de BBVA.

ENTRADA LIBRE HASTA CUBRIR AFORO. AFORO LIMITADO.