Escrito o:
Últimas prazas para a Xornada Maxistral de PRL de Lugo
Esta semana finaliza o último plan formativo en prevención de riscos laborais da CEL, que vimos impartindo desde principios de mes. En virtude deste plan, celebraremos unha última Xornada Maxistral sobre "Xestión de Riscos na Empresa: a BATALLA Activa da Prevención", que terá lugar nas instalacións da nosa Escola de Empresarios este venres, 27 de setembro.
A xornada celebrarase en horario de 9:00 a 14:00 horas. Incluirá as intervencións de José Ignacio Garrote Freire, xefe de servizo de Seguridade e Saúde laboral da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar Social, que ofrecerá a conferencia "A batalla ACTIVA da Prevención"; Fernando Barreira Nadela, técnico de prevención de riscos de Fremap, que analizará a "Xestión da Prevención na Empresa" e Nicolás González Raposo, xefe de inspección de Traballo e Seguridade Social de Lugo, que detallará as "Responsabilidades e sancións en materia preventiva".
De carácter gratuíto para os asistentes, esta xornada está dirixida de forma preferente a empresarios e traballadores en activo da empresa privada, con especial atención a técnicos e profesionais de prevención de riscos laborais e responsables de saúde laboral. Poderán participar tamén desempregados a condición de que non sexan demandantes de primeiro emprego.
Inscrición
As prazas son limitadas aínda que se ampliou o seu número, polo que aínda os interesados aínda están a tempo de reservar o seu espazo e asistir. Requírese inscrición previa obrigatoria. A reserva de praza pode tramitarse xa enviando o boletín descargable ao final desta entrada á dirección de e-mail formacion@cel.es ou ao número de fax 982 28 49 90. Máis info a través da Delegación da CEL na Zona Sur (tel. 982 40 49 05) ou da Escola de Empresarios e Centro de Formación da CEL (Tel. 982 28 40 15).
Escuela de Empresarios CELRúa Manuel Murguía, 6-Bajo
27.003 - Lugo