Escrito o:
Programa GAIN: Xornada Informativa
Santiago de Compostela acolle, o próximo día 17 de setembro, martes, a Xornada "Gain Informa: PROGRAMAS DE APOIO ÁS PEMES MEDIANTE O FOMENTO DA COOPERACIÓN PÚBLICO-PRIVADA".
Organizada pola Axencia Galega de Innovación, terá lugar na sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e será inaugurada polo Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde.
Novas convocatorias
O obxectivo deste evento é informar sobre dúas novas convocatorias, tanto de CONECTA PEMES, publicada o día 5 de setembro no Diario Oficial de Galicia, como de BONOS DE INNOVACIÓN, que se publicará nos próximos días. A xornada, que dará comezo ás 10:30 horas, terá un carácter eminentemente práctico e artellarase a través de exemplos.
Reunións bilaterais
Durante a xornada, as empresas terán a posibilidade de manter unha reunión bilateral con persoal da Axencia Galega de Innovación para solventar as posible dúbidas que poidan ter. Os interesados deberán indicalo no formulario de inscrición online e enviar cuberta a ficha de proxecto antes do día 15 de setembro.
A inscrición pódese formalizar a través deste formulario online. A ficha de proxecto atópase no formulario de inscrición.
O programa pode descargarse neste enlace.
Sede CEGRúa do Vilar, 54
Santiago de Compostela