Escrito o:
A punto de pechar o noso Programa de Prácticas 2013
A maioría dos alumnos que están participando na programación formativa AFD 2013 que estamos impartindo dende a CEL xa contan con empresa na que cursar o período de prácticas necesario para o seu posterior acceso a un certificado de profesionalidade.
As empresas lucenses proporcionaron unha excelente resposta para colaborar con este Programa de Prácticas Profesionais, que abriu o prazo de solicitude de alumnado fai hoxe só unha semana, de forma que xa únicamente quedan dispoñibles algún alumnos de accións de formación correspondentes ás áreas de turismo e de administración financieira.
Concretamente, os alumnos da área de turismo poden desempeñar postos de trabajo como informador, jefe de oficina de turismo, promotor turístico, técnico en empresa de consultoría turística, axente de desenvolvemento turístico local, vendedor de axencia de viaxes, empregado de reservas, xefe de mostrador en axencia, promotor de axencia de viaxes, entroutras. Pola súa banda, os alumnos da área financieira poden desempeñar funcións de técnico superior en contabilidade e/ou finanzas, xestor de solvencia e cobros, técnico de apoio en auditoría e/ou operacións financieiras, analista presupuestario o de riscos, entroutras.
Respecto ás condicións deste plan de prácticas, posto en marcha ó abeiro dos convenios de colaboracion suscritos entre a CEL e a Consellería de Traballo e Benestar para a oferta de formación a personas en situación de desemprego en búsqueda dunha ocupación laboral, é de destacar que a colaboración da empresa non implicará relación laboral ni contractual algunha co alumno, nin obligación por parte da empresa de retribuir económicamente ó alumnado. Ademáis, os alumnos en prácticas estarán cubertos a todos os efectos legais polo seguro de accidentes e responsabilidade civil que formalizará a CEL.
Para máis información sobre este programa e tramitación de solicitudes, é necesario contactar coa Escola de Empresarios e Centro de Formación da CEL no número de teléfono 982 28 40 15 ou a dirección de e-mail formacioncel@cel.es. Tamén nesta web pinchando no enlace.