Voltar atrás

Escrito o:

Cursos de Deseño e de Habilidades Directivas

La Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo informa da inmediata posta en marcha de dous novos cursos que se impartirán a través de Asin Lucense ao longo do mes de setembro.

Un deles, de Diseño Asistido por Ordenador (Autocad), está dirixido tanto a traballadores do sector de oficinas e despachos como a desempregados. De 50 horas de duración, impartirase entre os días 9 e 30 de setembro en horario de 20:15 a 22:45 horas.

O outro, de Habilidades Directivas: Influir y Motivar, está orientado a autónomos e traballadores. Terá 40 horas de duración e impartirase tamén entre o 9 e o 30 de setembro.

Para máis información chamar ó número de teléfono 982 200 455 ou enviar un mail a formacion@asinlucense.com.