Escrito o:
Programa ICEX de Bolsas en Empresas 2014
Co fin de apoiar ás empresas no seu proceso de internacionalización e facilitar a formación de técnicos especializados en comercio exterior, o Instituto Español de Comercio Exterior - ICEX pon en marcha unha nova edición do seu Programa de Bolsas en Empresas 2014.
Mediante este programa, o ICEX porá a disposición das empresas novas profesionais formados e especializados previamente na Rede Exterior da Secretaría de Estado de Comercio, para que culminen o seu proceso de formación na contorna empresarial, buscando a súa integración no ámbito laboral.
O ICEX cubrirá o 100% da dotación do bolseiro durante os 6 primeiros meses da bolsa, así como o custo do seguro de accidentes e asistencia en viaxes. Pola súa banda, a empresa farase cargo da dotación durante os 6 meses restantes até completar o período de duración da bolsa e dos desprazamentos do bolseiro. A dotación da bolsa vén fixada por ICEX, non sendo un concepto negociable: o seu importe oscila entre 21.000 euros e 48.000 euros brutos anuais en función do destino asignado. A dotación bruta anual para España queda establecida en 23.000 euros. A dotación está suxeita á correspondente retención polo Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, e á retención e cotización correspondentes á Seguridade Social.
As solicitudes poden tramitarse até o día 13 de setembro. Máis info para descarga na área de Documentación (acceso restrinxido a asociados) e na páxina de bolsas do ICEX.