Escrito o:
Galicia acollerá en outubro un Congreso Internacional de Coaching
Galicia acollerá os días 18 e 19 de outubro de 2013, en Santiago de Compostela, o ICC Coaching Congress XIC 2013, un Congreso Internacional de Coaching que contará cos algúns dos mellores especialistas en coaching do mundo, como Joseph O'Connor, pensador e escritor de best-sellers e un dos coach máis recoñecidos do mundo, e unha nutrida asistencia de congresistas internacionais ao coincidir este encontro coa convocatoria dle Congreso Anual de ICC (International Coaching Comunity), que agrupa a máis de 7.000 coach de todo o mundo.
Neste Congreso terá tamén unha presenza importante a empresa e o papel que o coaching pode cumprir nela, coa participación como relatoras de relevantes empresarios como, por exemplo, Pedro Luís Uriarte, Presidente de Economía, Empresa, Estratexia e ex Vicepresidente e Conselleiro Delegado de BBVA.
Con carácter previo ao Congreso, entre os días 13 e 17 de outubro, e tratando de facer realidade a lema do Congreso "Camiñando Xuntos - Walking Together", varios dos relatores que participarán neste encontro así como todos os asistentes ao Congreso que queiran sumarse percorrerán catro etapas do Camiño de Santiago en Galicia, pensadas como punto de encontro fundamental para compartir experiencias entre os participantes, de diferentes nacionalidades.
O Congreso contempla tamén a organización de talleres prácticos de coaching e numerosas ocasións para o networking entre asistentes.
As inscricións han de tramitarse na web do Congreso. Os asociados a esta Confederación que desexen asistir teñen dereito a optar á tarifa reducida de inscrición, que supón un 20% de desconto sobre a tarifa xenérica, especificando a pertenza a esta organización que logo será confirmada por nós.
MÁIS INFO na web do Congreso.