Voltar atrás

Escrito o:

Xornada informativa. Instrumentos de apoio ás empresas: unha visión práctica.

O vindeiro luns, 29 de xullo, terá lugar en Lugo a xornada informativa "GAIN Informa. Instrumentos de apoio ás empresas: unha visión práctica", promovida pola Axencia Galega de Innovación (GAIN). Será inaugurada polo Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde.

O obxectivo deste evento é informar sobre os novos instrumentos de apoio ás empresas innovadoras e as novas convocatorias de axudas á innovación que se publicarán nas próximas datas. A xornada terá un carácter eminentemente práctico e articularase a través de exemplos, dando ademais resposta ás dúbidas que poidan expor os asistentes.

Reunións bilaterais

A maiores, os asistentes á xornada terán a posibilidade de manter unha reunión bilateral con persoal da Axencia Galega de Innovación para presentarlles a súa idea de proxecto e revisar a súa proposta. Os interesados deberán indicalo no formulario de inscrición online e enviar cuberta a ficha de proxecto antes do día 24 de xullo.

Máis información e inscricións

A xornada terá lugar en horario de mañá, a partir das 12:00 horas, no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Lugo (Rolda dá Muralla, 70). A entrada é libre pero requírese tramitar inscrición previa a través da ligazón.

DESCARGAR PROGRAMA

FORMULARIO DE INSCRICIÓN