Voltar atrás

Escrito o:

O Concello de Lugo crea unha base de datos para a promoción de empresas

A Concellería de Economía, Emprendemento, Autónomos e Educación do Concello de Lugo, está a elaborar unha base de datos de empresas e profesionais, radicados neste concello, co fin de:

  • axudar á promoción das empresas a través das TICs.
  • realizar invitacóns  aos procedementos de contratación municipal nos que a lexislación vixente o permita.

A promoción das empresas farase a través da páxina web do CEI (Centro de Empresas e Innovación), na sección "Promoción de empresas" na que poderás atopar (sección descargas) o formulario para inscribirte nesta base de datos.