Voltar atrás

Escrito o:

Organización y Protección del Patrimonio Particular y Empresarial

A Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) organiza para o vindeiro mércores día 10 de xullo, en colaboración con Garrigues, unha xornada informativa sobre "Organización e Protección do Patrimonio Particular e Empresarial".

Esta xornada terá lugar en Lugo na sede central da CEL, sita en Pza. de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta, en horario de 16:30 a 19:45 horas.

O programa, descargable ao final desta noticia,  abordará cuestións como a organización do patrimonio particular, o exercicio de actividades económicas, protección do empresario autónomo e da empresa, tránsito a unha estrucutra eficiente ou principais operacións mercantís sen custo fiscal, entre outras.

Aínda que a entrada é libre, o aforamento é limitado polo que se require tramitar reserva de praza, enviando a folla de inscrición descargable tamén ao final desta entrada á dirección de correo electrónico lugo@asime.es.

Para máis información, tamén se pode contactar con Asime no número de teléfono 982 255 789 (María Luisa Campos).

Sede Central CEL - Pza. de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta, 27.001 Lugo