Voltar atrás

Escrito o:

Xornada Informativa: Portal NEOS

A nosa sede central acolle o próximo día 9 de xullo, martes, unha sesión informativa, dixirida a despachos profesionais e pemes, sobre notificacións electrónicas e, máis concretamente, sobre o Portal NEOS, ferramenta de a3ASESOR que permite recibir e xestionar estas notificacións dende un único punto.

A entrada en vigor das Notificacións Electrónicas Obrigatorias (NEOS) obriga ás empresas e aos despachos profesionais á consulta periódica de todas as caixas de correos electrónicas en cada unha das plataformas dos organismos que as emiten (AEAT, DXT e Seguridade Social).

O Portal NEOS é unha ferramenta concibida para automatizar e centralizar a recepción destas notificacións electrónicas desde un único punto de acceso e, no caso dos despachos profesionais, permite a xestión de múltiples caixas de correos de varios clientes.

Aínda que a entrada a esta xornada é libre, as prazas son llimitadas, polo que se esixe tramitar a reserva de praza a través desta ligazón, onde tamén se pode obter máis información sobre o programa da xornada e a ferramenta que se presentará.

Sede Central CEL - Pza. de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta, 27.001 (Lugo)