Escrito o:
Xornada Informativa: Oportunidades de Negocio en Colombia
A nosa Escuela de Empresarios (Rúa Manuel Murguía 6, Lugo) acollerá o vindeiro xoves, día 18 de xullo, a partir das 16:30 h., unha xornada informativa sobre "OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN COLOMBIA", organizada a través da Rede PEXGA (Rede de Plataformas Empresariais Galegas no Exterior).
Nesta xornada, ademais de analizar as liñas de apoio á internacionalización das empresas galegas a cargo do director da Rede Pexga, Armando Villanueva e da xerente do IgapeX, María Dores García dos Hortos, abordarase a situación xeral do mercado de Colombia, as oportunidades de negocio neste país e consellos prácticos para acceder a el, a través das aportacións da directora da Plataforma PEXGA en Colombia, Lina Natalia Calderón, e a analista de mercado da Plataforma Pexga en Colombia, Catalina Hernández.
A inauguración desta xornada correrá a cargo de Jesús Quintá García, conselleiro delegado executivo da CEL, completándose o programa (que se pode descargar completo ao final desta información) coa exposición dun caso de éxito empresarial en Colombia e un coloquio.
Así mesmo, todos aqueles empresarios que o desexen e soliciten, poderán concertar entrevistas persoais tanto coa directora como coa analista de mercado da Plataforma Pexga en Colombia. Estas entrevistas están pensadas a fin de atender consultas puntuais e concretas sobre o mercado colombiano.
O mercado colombiano
Colombia é hoxe día, xunto con México e Brasil, o terceiro mercado máis importante de Latinoamérica polo seu tamaño, o que ofrece un importante potencial de consumo e investimento, tendo en conta, ademais, a apertura a mercados exteriores e a firma de acordos comerciais (entre eles coa UE) que o goberno actual deste país está a desenvolver.
Inscricións
O acceso é gratuíto pero as prazas son limitadas, polo que se require tramitación previa de reserva de praza.
ACCESO A BOLETÍN DE INSCRICIÓN
Escuela de Empresarios CELRúa Manuel Murguía 6
27.003 Lugo