Escrito o:
Día do Cooperativismo Galego 2013
O próximo día 6 de xullo celébrase en Pontemaceira (Ames) o Día do Cooperativismo Galego 2013, coincidindo coa conmemoración internacional desta data, que exalta en todo o mundo os valores e principios cooperativos.
Neste ano o acto en Galicia organizarase baixo o lema "a empresa cooperativa avanza forte" persíguese a idea de crear unha maior conciencia sobre a contribución das empresas cooperativas o desenvolvemento económico e social. Con esta premisa, o acto do Día do Cooperativismo Galego 2013 terá lugar nas instalacións de Feiraco S. Coop. Galega.
No marco do Día do Cooperativismo, no que están chamados a participar os cooperativistas de toda Galicia, levarase a cabo a entrega dos Premios á Cooperación, o Premio á Mellor Iniciativa Cooperativa e os premios do Certame "Cooperativismo no Ensino".