Escrito o:
Reorientación e mellora da competitividade das pemes
Recentemente publicouse a convocatoria das axudas para 2013 do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para reorientación e mellora da competitividade das pequenas e medianas empresas galegas.
Estas axudas, a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva, se subdividen en dous programas. O primeiro deles está orientado á subvención de proxectos de equipamentos tecnolóxicos para a innovación das pemes que supoñan un investimento de entre 301.000 e 500.000 euros; no marco do mesmo serán subvencionables bens de equipamento, adquisición de propiedade intelectual e industrial ou adquisición de equipamento específico de I+D. A subvención poderá alcanzar até o 50% do investimento.
O segundo dos programas comprendidos no marco destas axudas está orientado a proxectos de equipamento das pemes no sector servizos, cun investimento subvencionable de entre 30.000 e 200.000 euros. Serán subvencionables bens de carácter tecnolóxico xeneral ligados directamente ao servizo prestado pola peme, equipamentos para proceso de datos, software ligado ao servizo prestado pola empresa, activos fixos destinados a almacenaxe e loxística, mobiliario e elementos decorativos (limitados neste caso ao 20% do investimento total). A subvención poderá alcanzar tamén até o 50% do investimento.
O prazo de solicitude finaliza o día 17 de xullo de 2013.
Para máis información e asesoramento, consultar a Orde qyue regula estas axudas na área de Documentación desta web ou solicitar cita cos nosos técnicos do Departamento Económico - Fiscal.
Máis info sobre subvencións vixentes tamén na área de Documentación.