Escrito o:
Empresarios de Lugo, na Asemblea Xeral da CEOE
Unha delegación de representantes da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) asistiu hoxe á reunión da Asemblea de CEOE na que, entre outras cuestións, aprobouse unha reforma do texto estatuario da organización empresarial, así como un Código Ético e de Bo Goberno da entidade, e na que se contou coa intervención do presidente do Goberno, Mariano Rajoy.
Os empresarios de Lugo estiveron representados en CEOE polo conselleiro delegado executivo da CEL, Jesús Quintá García, e o secretario xeral da organización empresarial lucense, Jaime López Vázquez, así como por outros membros do consello de administración da CEL e de asociacións integradas, como Carmen Castelao, presidenta de Tradime, e Xabier Díaz, novo presidente da Asociación Provincial de Empresarios Promotores de Edificación.
Desde a CEL valóranse positivamente os textos aprobados hoxe, en especial o Código Ético; a entidade lucense espera que contribúa a unha maior transparencia na CEOE, a evitar erros do pasado, así como a unha mellor imaxe desta organización, das asociacións empresariais e da figura dos empresarios en xeral, acorde coa verdadeira contribución que o empresario, xerador de riqueza e emprego, realiza á sociedade.