Voltar atrás

Escrito o:

A nosa Escola acolleu esta semana unha xornada sobre axudas do Igape

Este mércores acollemos na nosa Escola de Empresarios unha xornada informativa sobre diferentes liñas de apoio do Instituto Galego de Promoción Económica para facilitar a creación, mellora da competitividade e internacionalización das empresas galegas.

Máis dunha trintena de empresarios asistiu a este encontro, no que tamén se informou sobre o convenio Re-Imaxina e liñas de financiamento das Sociedades de Garantía Recíproca.

Servizos CEL

Nestes momentos, están en vigor varias liñas de subvención, tanto do Igape como doutros organismos públicos tanto autónomicos como nacionais. As empresas asociadas á CEL dispoñen de acceso aos nosos servizos de asesoramento en materia de axudas. Máis info no 982 231 150.

Foto: De esquerda a dereita José Francisco Real Castro, Conselleiro da CEL; Raquel Arias, Delegada Territorial da Xunta en Lugo; Javier Aguilera, Director do Igape, e Carmen Castelao, tamén Conselleira da CEL.