Escrito o:
Empresas de Lugo de Lanpymexport, en Salimat 2013
Unha representativa mostra de empresas participantes en Lan Pymexport, do que forma parte esta Confederación, estarán presentes na caseta deste proxecto na XVII edición do Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat 2013, que terá lugar dende mañá día 13 de xuño até o domingo 16 en Silleda.
Os socios deste proxecto, Anfaco-Cecopesca, Centro Tecnolóxico da Carne e BIC Minho, e a propia CEL, estarán presentes en Salimat 2013 dinamizando a caseta de Lan Pymexport e levarán a cabo acciones de difusión deste programa de fomento da internacionalización entre os demais expositores da feira e axentes do sector.
Ademais, participarase nos encontros internacionais de negocio con diferentes importadores estranxeiros de alimentación previstos en Salimat co obxectivo de facilitar peches de axenda de carácter privado e propiciar o intercambio comercial.
Empresas
En total, estarán presentes en Salimat máis dunha vintena das empresas participantes no Lan Pymexport, das cales varias son de Lugo: ViniGalicia, Lugar dá Veiga, Queixerías Barral, Embutidos Montepicato, Lácteos Santo André, Champivil, Cárnicas Teijeiro e Innolact. Outras empresas (galegas e portuguesas) do proxecto que se desprazarán a Salimat son Mexillóns Nidal, Conservas Artemar, Mexillóns Ría de Arousa, Linamar, Delicias do Planalto, Frutivinhos, Casa Grande de Xanceda, Asoporcel, Tranfresco, Aceites Abril, Adegas Valmiñor, Cárnicas Teijeiro, Olei e Decorgel.
Salimat
Salimat, Salón de Alimentación do Atlántico, é unha feira dedicada ao sector de alimentación e produtos alimentarios. Estarán presentes produtos ecolóxicos, gourmet, artesáns de Galicia, de calidade certificada, cárnicos, lácteos, viños e licores, bebidas, aceite, conservas, e pan e pastelaría, entre outros.
Durante os días que dura o evento, os expositores establecerán contactos coa distribución, tanto nacional como internacional, do mesmo xeito que se desenvolverán unha serie de actividades que buscan converter este salón nun espazo de encontro, debate e análise (encontros internacionais de compradores, exposición de novos produtos, degustacións e catas ou talleres gastronómicos, entre outros).
Durante os dous primeiros días da feira, os expositores poderán contactar con distribuidores e importadores. A fin de semana o Salón estará aberto ao público en xeral, dando a oportunidade ás empresas de dirixirse ao consumidor final e proxectar a súa imaxe de marca.
Lan Pymexport
Lan Pymexport é un proxecto que vén desenvolvendo a CEL desde 2011 xunto con Anfaco-Cecopesca, CTC e BIC Minho ao amparo dos programas europeos POCTEP. Está deseñado para fomentar a saída ao exterior de empresas do sector agroalimentario de Galicia e o Norte de Portugal, obxectivo co que se pon en marcha diferentes accións destinadas a promover a colaboración, formación e coñecemento de mercados exteriores do total de 66 empresas que finalmente se comprometeron co programa.
Destaca a implicación das empresas lucenses con este proxecto de internacionalización, posto que na actualidade máis do 42% das empresas participantes son da provincia.