Escrito o:
Xornada Informativa: Instrumentos de Apoio ás Pemes Galegas
A nosa Escola de Empresarios acollerá a semana próxima, o mércores 12 de xuño, unha xornada informativa sobre os programas de axudas en vigor impulsados polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para facilitar a creación, mellora da competitividade e internacionalización das empresas galegas.
A xornada, que terá un carácter fundamentalmente técnico, dará comezo ás 19:00 horas. No seu programa contémplase a análise das axudas convocadas recentemente polo Igape destinadas a emprendedores e pemes, así como unha intervención adicional sobre o convido Re-Imaxina e liñas de financiamento das Sociedades de Garantía Recíproca.
Máis información (programa) e inscricións na web do Igape.
Foto: Xornada sobre axudas do Igape celebrada en 2012. Arquivo CEL.
Rúa Manuel Murguía, 6-8, Bajo