Escrito o:
Ribadeo acollerá a última xornada sobre EPIs da CEL
O vindeiro xoves, día 6 de xuño, terá lugar en Ribadeo a terceira e última xornada informativa sobre Equipos de Protección Individual (EPIs) organizada en virtude do programa divulgativo 'Abrócha-T á Seguridade', que a CEL puxo en marcha durante as últimas semanas coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar.
Nesta xornada analizarase con detalle o Real Decreto 773/1997, que regula o uso dos EPIs, así como normas básicas de uso dos Equipos de Protección Individual, unha das medidas de prevención de riscos laborais de maior importancia para garantir a seguridade e a saúde dos traballadores.
Os asistentes recibirán, de forma totalmente gratuíta, un Kit de Seguridade (chaleco acolchado, chaleco reflector, luvas de protección, lentes de protección e protectores auditivos).
As xornadas anteriores, celebradas en Lugo e Monforte, superaron todas as expectativas rexistrando un cheo total en ambos os casos. Para a de Ribadeo está a xestionarse a inscrición das últimas prazas: para máis información, contactar co número de teléfono 982 24 30 71.
Foto: Xornada sobre EPIs celebrada o día 29 de maio de 2013 en Lugo. Arquivo CEL