Voltar atrás

Escrito o:

Incentivos fiscais, axudas para emprendedores ou menor burocracia, anuncios no Día do Emprendedor de Galicia 2013

Os nosos compañeiros da Fundación CEL - Iniciativas por Lugo desprazáronse hoxe a Santiago de Compostela para coñecer de primeira man as últimas novidades sobre creación de empresas na nosa Comunidade Autónoma. Para iso sumáronse aos actos do Día do Emprendedor de Galicia 2013, organizado pola Consellería de Economía e Facenda a través do Igape.

Entre outros e até o momento, este evento contou coas intervencións do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, que volveu a destacar que coa Lei do Emprendemento en Galicia poderanse abrir negocios sen licenzas e en quince días, así como que no marco desta norma prevense incentivos fiscais a emprendedores que cando entren en vigor terán efectos retroactivos desde do 1 de xaneiro de 2013. Entre outras medidas, anunciou tamén 15 millóns de euros para microcréditos a emprendedores.

Outra intervención que tivo lugar esta mañá no marco do  Día do Emprendedor foi a de Francisco Conde, Conselleiro de Economía e Facenda, que desterrou na súa intervención o tópico do galego como persoa individualista e pouco arriscada, destacando pola contra o seu carácter emprendedor.

Xestión do talento

Gran éxito tivo a intervención de Pilar Jericó, especialista en xestión do talento que disertou sobre emprendimiento como modo de vida, de emprender sen "medo tóxico pero con medo san" (con prudencia), e que apuntou como claves para ter éxito emprendendo: "fortaleza, soñar e escoller, paixón, perseverar, aprender, iterar, curiosidade, xogar e non xulgar, ilusión, equipo, reiventarse".

Entroutras, a Fundación CEL tamén se sumou ás rutas de "Capital Emprendedor" (XesGalicia, Business Angels e Fondos de Investimento da Fundación Barrié) ou "Apoios Colaborativos?"(Crowdfunding, Coworking, Pop-ups...).