Voltar atrás

Escrito o:

Últimas prazas para o Curso de Financiamento de Empresas!

Aínda estás a tempo de optar a unha das últimas prazas ou inscribirche como reserva no Curso de Financiamento de Empresas que a CEL organiza no marco da súa programación formativa AFD (Accións de Formación dirixidas prioritariamente a persoas Desempregadas) para este exercicio 2013; a súa correcta finalización proporciona acceso a un certificado de profesionalidade de nivel 3.

A través deste curso, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión e cunha duración total de 648 horas, capacitarase ao alumnado nas funcións de xestión e contratación de servizos, produtos e activos financeiros, determinación de necesidades financeiras dunha organización ou control orzamentario de tesouraría contribuíndo ao desenvolvemento habitual da actividade empresas, respectando os procedementos internos e normas legais e atendendo ás debidas condicións de calidade, seguridade e protección do medio ambiente.

O ámbito profesional ao que está dirixido é o de persoas que desenvolvan ou queiran desenvolver o seu labor no departamento financeiro en empresas grandes ou no departamento de administración en pemes, tanto públicas como privadas, ou mesmo en entidades do sector financeiro.

O curso impartirase no Centro de Formación da CEL en horario de 15:30 a 20:30 horas. Está preferentemente dirixido a desempregados, aínda que tamén se admite a participación de traballadores a condición de que cumpran cos requisitos establecidos para acceso a certificados de profesionalidade de nivel 3, concretamente estar en posesión de titulación en Bacharelato, COU, FP II ou Grao Superior de FP. Adicionalmente, haberán de dispor de certificado Celga 3.

Infórmate xa no número de teléfono 982 28 40 15.