Voltar atrás

Escrito o:

Pechada a posibilidade de inscrición na xornada en Lugo do programa Abrócha-T

O proceso de inscrición na xornada de Lugo do proxecto Abrócha-T, que terá lugar o vindeiro mércores 29 de maio na nosa Escola de Empresarios en Lugo, pechouse. Completouse o aforamento previsto e existe lista de espera, polo que xa non é posible tramitar reservas nesta localidade.

Para o resto de localizacións (Monforte e Ribadeo), recoméndase o contacto vía teléfono co número 982 24 30 71 para consulta de prazas, posto que tamén quedan xa poucas e a existencia de lista de espera en Lugo obriga a pechar o proceso de inscrición vía web, onde xa non está dispoñible a ficha de reserva.

Monforte

Mañá 22 de maio terá lugar en Monforte a primeira do total de tres xornadas previstas no marco deste proxecto divulgativo, a través do que se analizará con detalle o Real Decreto 773/1997, que regula o uso dos EPI's, así como normas básicas de uso dos Equipos de Protección Individual, unha das medidas de prevención de riscos laborais de maior importancia para garantir a seguridade e a saúde dos traballadores.

Os asistentes recibirán, de forma totalmente gratuíta, un Kit de Seguridade (chaleco acolchado, chaleco reflector, luvas de protección, lentes de protección e protectores auditivos).

Foto: Xornada celebrada en Monforte o pasado ano (arquivo CEL)