Voltar atrás

Escrito o:

Día do Emprendedor de Galicia 2013

Santiago de Compostela acolle o próximo día 28 de maio un completo programa de actos para conmemorar o Día de Emprendedor de Galicia. O evento está organizado pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape (Instituto Galego de Promoción Económica) co obxectivo de achegar aos emprendedores e novos empresarios as habilidades e recursos existentes para apoiar a posta en marcha de novas empresas, así como conseguir a súa consolidación ou internacionalización.

Na súa edición deste ano, o Día do Emprendedor de Galicia incluirá itinerarios para mostrar exemplos de emprendimiento con éxito, para promover novas oportunidades de creación de empresa, mostrar diferentes vías de financiamento, adestrar en habilidades para a posta en marcha de novas empresas, etc. Entroutros, contará coas achegas de Pilar Jericó, especialista en estratexia e organización de empresas, profesora en escolas de negocio no Instituto de Empresa, ESADE e a Universidade Carlos III e autora de textos de referencia no ámbito da xestión empresarial.

Máis info na web do Día do Emprendedor.