Escrito o:
Nova Lei de Rehabilitación e Mecanismos de Defensa ante a Crise Empresarial
A Asociación de Empresarios Promotores de Edificación de Lugo organiza para o vindeiro venres, día 24 de maio, a partir das 11:00 horas, unha xornada informativa sobre a situación do sector inmobiliario, que comprenderá dous relatorios, un sobre a Nova Lei de Rehabilitación, Rexeneración e Renovación Urbana, que impartirá o secretario xeral de Aproinco, Juan José Yáñez Martínez, e outra que, baixo o título Mecanismo de defensa ante a Crise Empresarial, analizará as opcións ante situacións financeiras complexas, imposibilidade de pagos, etc. Este segundo relatorio correrá a cargo de Juan Francisco Tejedor Aldomar, Avogado, Administrador Concursal e especialista en Dereito Mercantil e Reestruturación Empresarial.
Esta xornada informativa, que terá lugar no marco da Feira da Vivenda, Reforma, Moble e Decoración FOGAR LUGO 2013, que terá lugar entre os días 24 e 26 de maio no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo (Avda. dos deportes, sn), está dirixida especialmente a persoas relacionadas coa industria da construción (arquitectos, aparelladores, construtores, instaladores, administradores de leiras, etc.), aínda que a entrada será libre até completar aforamento. Para asegurar ubicación recoméndase enviar o boletín de inscrición descarregable ó final deste post debidamente cumplimentado ó número de fax 982 255 339 ou á dirección de e-mail feriahogarlugo@gmail.com.
Feira Fogar Lugo 2013
Ao final deste post pode descargarse tanto o programa da xornada como o cartel informativo da Feira Fogar Lugo 2013, que este ano celebra xa a súa terceira edición. Contará cun espazo de exposición de 4.000 metros cadrados, correspondentes a máis de 30 expositores. Como en edicións anteriores, achegará as últimas novidades en moble, descanso, decoración, baño, gres, estufas, chemineas, cociñas, tarimas, piscinas, maquinaria para xardinaría e enxoval, entre outras, e incluirá unha gran oferta inmobiliaria (de Lugo e provincia e a costa coruñesa) con prezos especiais, tanto de vivenda nova como de segunda man.