Voltar atrás

Escrito o:

ReExport 2013: apoios á exportación

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) vén de pór en marcha o Programa ReExport 2013, polo que se habilitan apoios destinados a fomentar a internacionalización das pequenas e medianas empresas galegas.

En concreto, en base a este programa concederanse avais para financiar operacións  (liñas de crédito, liñas desconto ou anticipio de efectos comerciais ou facturas, liñas xenéricas de riscos mercantís) que teñan por obxectivo facilitar a internacionalización da empresa galega non exportadora ou con escasa presenza en mercados exteriores, así como apoiar ás que xa se iniciaron no ámbito das exportacións con posibilidades de incrementar a súa presenza no exterior.

O Igape responderá de até o 50% dos importes das operacións, que oscilarán entre un mínimo de 80.000 e un máximo de 250.000 euros por avalado. A entidade destinará un total de 8 millóns de euros a este programa.

Máis información para asociados na sección de Documentación desta web. Asesoramento a través do Departamento de Comercio Exterior.