Escrito o:
OBRADOIROS MULTIDISCIPLINARES | Dixitalización, Sustentabilidade e Loxística Avanzada
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, en colaboración coa Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), OBRADOIROS MULTIDISCIPLINARES sobre Dixitalización, Sustentabilidade e Loxística Avanzada, pensados para facilitar ás empresas de Lugo formación práctica que posibilite a súa transición ecolóxica.
Así, abordaranse cuestións como análises do ciclo de vida da empresa e os seus produtos, descarbonización da cadea loxística, xestión e valorización de residuos, xestión da enerxía ou simbiose industrial. Contarase coa participación de relatores especializados en cada materia e exposición de casos de éxito empresarial.
Contidos
Estes obradoiros compoñen un programa formativo amplo para sentar as bases da transición ecolóxica nunha empresa. Terán lugar entre os meses de abril e maio de 2025 en modalidade híbrida (presencial e online), adaptada ás necesidades de cada empresa.
En total, prevese a celebración de cinco sesións teórico - prácticas de tres horas de duración cada unha, así como unha sesión Living Lab (visita a unha planta industrial con boas prácticas ambientais), Think Tank final (foro de peche de intercambio de experiencias e solucións entre os participantes) e tutorías periódicas individalizadas (recoméndase descarga do programa adxunto ao final desta entrada, con detalle de contidos, datas e horarios de cada sesión).
As prazas destes novos obradoiros son limitadas (10 empresas). A asistencia é gratuíta, pero é necesario formalizar inscrición a través da seguinte ligazón:
INSCRICIÓN OBRADOIROS MUTIDISCIPLINARES Dixitalización, Sustentabilidade e Loxística Avanzada
FORMACIÓN DIRIXIDA A PERSOAS DIRECTIVAS E RESPONSABLES DE EMPRESAS AGROALIMENTARIAS, RESPONSABLES E TÉCNICOS DE DEPARTAMENTOS DE INNOVACIÓN, I+D, SUSTENTABILIDADE, PROCESOS E CALIDADE - MEDIO AMBIENTE.