Escrito o:
OBRADOIRO | Novas tecnoloxías IA para o sector vitivinícola
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co apoio da Xunta de Galicia a través da iniciativa Conecta Lugo, un taller práctico en Monforte de Lemos para analizar o impacto das "Novas tecnoloxías IA para o sector vitivinícola".
A través deste taller a CEL convida as empresas do sector do viño da zona de Riberia Sacra a participar nunha xornada técnica de traballo dedicada á innovación en viticultura, na que participarán expertos de referencia explicando os últimos avances en tecnoloxía aplicada ao cultivo de vide e á produción de viño.
Este encontro transfórmase así en en unha oportunidade única para coñecer como a intelixencia artificial, a visión por computador, a dixitalización e a automatización están a transformar o mundo da viticultura, mellorando a produtividade e a calidade dos viños.
A xornada "Novas tecnoloxías IA para o sector vitivinícola" terá lugar en formato presencial o próximo día 21 de marzo, venres, en horario de 16 a 20 horas, no Parador de Monforte de Lemos. Inclúe a charla maxistral "Detección temperá e enfermidades do viñedo mediante intelixencia artificial e visión por computador" de Javier Tardáguila Laso, catedrático de Viticultura de Precisión da Universidade de La Rioja, así como intervencións de expertos como Miguel Tubio, director técnico do Grupo Martin Códax; Pablo Franco, director técnico do D.O. Calificada Rioja ou Alfonso Losada, experto en viticultura e enoloxía.
O obradoiro inclúe tamén intervencións da CEL e do IGAPE e finalizará cunha mesa redonda para debater sobre as oportunidades da IA para o sector vitivinícola, unha cata de viños do D.O. Ribeira Sacra e espazo networking.
A asistencia é gratuíta pero é necesario reservar praza na seguinte ligazón:
INSCRICIÓN OBRADOIRO NOVAS TECNOLOXÍAS IA PARA O SECTOR VITIVINÍCOLA