Escrito o:
OBRADOIRO | Innovación para transformar o territorio
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co apoio da Xunta de Galicia a través da iniciativa Conecta Lugo, un taller práctico en Quiroga a través do que se achegarán a experiencias innovadoras que axudan a tranformar o territorio no que se desenvolven.
O taller, que terá lugar en formato presencial o próximo día 20 de marzo, xoves, en horario de 17 a 21 horas, inclúe no seu programa (descargable completo ao final desta entrada), relatorios sobre axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e servizos da Oficina Económica de Galicia, unha exposición sobre a experiencia de éxito do Xeoparque Montañas do Courel e unha Mesa Redonda sobre "Innovación para transformar o territorio", na que participarán representantes de varias asociacións e conlectivos con experiencias e iniciativas innovadoras en ámbitos rurais.
A asistencia é gratuíta pero é necesario reservar praza na seguinte ligazón: