Voltar atrás

Escrito o:

Día Internacional da Muller

Mañá, día 8 de marzo, conmemórase unha vez máis o Día Internacional da Muller, unha data que busca reivindicar os dereitos das mulleres, en busca dunha sociedade máis igualitaria, sen fendas de xénero; en definitiva, unha sociedade máis xusta.

O 8M como Día Internacional da Muller foi adoptado pola Asemblea Xeral da ONU en 1977, aínda que dous anos antes xa o empezou a conmemorar, de modo que este ano cúmprense 50 anos do inicio dunha conmemoración que, como a propia ONU indica, "atopa as súas orixes nas manifestacións das mulleres que, especialmente en Europa, reclamaban a comezos do século XX o dereito ao voto, mellores condicións de traballo e a igualdade entre os sexos". 

En procura desa igualdade seguimos traballando o conxunto da sociedade e, desde esta Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), coa idea de apoiar ás empresas da nosa provincia na implantación de medidas que contribúan a garantir contornas de traballo máis igualitarios e tamén libres de discriminación. Para iso, contamos cun Gabinete Técnico de Igualdade co que vos animamos a contactar para resolución de dúbidas e adopción dos plans e protocolos necesarios.