Escrito o:
Publicada a Circular Laboral e Fiscal 2013
A CEL ven de publicar a súa Circular Laboral e Fiscal 2013, un amplio informe sobre cambios normativos e lexislación vixente en materia tanto laboral como fiscal que os técnicos da entidade elaboran con carácter anual.
Como é habitual, a Circular contempla información revisada e actualizada sobre cuestións como salario mínimo interprofesional, normas xerais de cotización do réxime xeral e do réxime especial dos traballadores autónomos, bonificacións, reduccións e exencións na cotización á Seguridade Social, incentivos á contratación, xubilación... Tamén analiza as diferentes novidades fiscais e outras disposicións lexislativas de interese para as empresas.
O documento, elaborado polos técnicos dos departamentos de asesoría especializados da CEL, é soamente accesible para empresas asociadas. Durante os últimos meses os cambios na normativa en materia laboral e fiscal en España foron constantes e espéranse novas modificacións, das que se informará puntualmente.
Por outra banda, a CEL lembra ós seus asociados que poden dirixirse ós seus servicios de asesoría para a resolución de calquera consulta ou dúbida adicional.