Voltar atrás

Escrito o:

OBRADOIRO | Axudas Igape 2025 + INNOVACIÓN

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co apoio da Xunta de Galicia a través da iniciativa Conecta Lugo, un obradoiro práctico de traballo dirixido a mellorar o coñecemento e acceso, por parte das empresas da provincia de Lugo, as diferentes convocatorias de axuda previstas polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) neste 2025, así como a detectar e impulsar procesos innovadores nas súas iniciativas.

O obradoiro, de dúas horas de duración, está previsto en exclusivamente en formato presencial na sede de la Asociación de Empresarios Polígono Sete Pontes en Vilalba, o próximo día 12 de febreiro, mércores, en horario de 16:00 a 18:00 horas. Explicarase en detalle o mapa de axudas do Igape, o proceso de solicitude e tramitación, erros frecuentes, e traballarase nos procedementos para xerar proxectos innovadores e aproveitar os programas de axuda autonómicos habilitados a tal efecto.

A asistencia é gratuíta pero é necesario reservar praza na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN TALLER AYUDAS IGAPE 2025 + INNOVACIÓN