Escrito o:
A CEL participa en Vigo nun encontro empresarial co Banco Sabadell
O secretario xeral da CEL, Jaime López, participou o pasado venres no Encontro Empresarial en torno ao Banco Sabadell organizado por Vicus Gallaecia, que contou coa presenza do conselleiro delegado da entidade, César González-Bueno, acompañado do director xeral adxunto e director xeral de Sabadell Galego, Pablo Junceda.
Ao xantar asistiron os integrantes de Vicus Gallaecia e a representación da patronal galega e as súas confederacións provinciais, co presidente da CEG Juan Manuel Vieites, o presidente da CEP Jorge Cebreiros, o presidente da CEC Antonio Fontenla, a presidenta da CEO Marisol Novoa e, como xa se indicou, o secretario xeral da CEL Jaime Luis López.
O conselleiro delegado de Banco Sabadell, César González-Bueno, que foi presentado polo director xeral de Sabadell Galego, Pablo Junceda, abordou durante o encontro diversos temas, realizando unha análise do contexto económico e financeiro actual, as perspectivas económicas, as opcións de financiamento empresarial e os sectores emerxentes.
César Gonzalez-Bueno subliñou ante os empresarios galegos os bos resultados que Banco Sabadell ven demostrando cada trimestre. "En 2024 -afirmou- imos superar amplamente os beneficios de 2023, seguimos cun nivel de solvencia moi forte, a nosa acción multiplicouse por 6,6 desde 2020, a nosa retribución ao accionista é inigualable, e a boa rendibilidade é sustentable mirando cara adiante. Todo fai que Banco Sabadell estea hoxe mellor que nunca e aínda non alcadou o seu punto máis alto".
No que se refire á economía española o conselleiro delegado manifestou o seu optimismo, mantendo un crecemento robusto e superior ao conxunto da zona euro. E referíndose ás empresas destacou que 1 de cada 2 pemes españolas traballa con Sabadell e a antigüidade media dos clientes é de 15 anos. "Ser un banco tan relevante para as empresas -afirmou Gonzalez-Bueno- non é froito da casualidade. Creo que somos un banco diferente. Non é só unha cuestión ofrecer produto. É un tema de relación, proximidade, de entender e coñecer ben as necesidades de cada empresa. Creo que é realmente necesario e bo que Banco Sabadell. Teño o convencemento de que así será".
Pola súa banda, o presidente de Grupo Alvariño e Vicus Gallaecia José Manuel Fernández Alvariño foi o encargado de presentar ao grupo empresarial, "que nace para pensar e dialogar, coñecer e propor, para contribuír ao éxito das políticas públicas como de sectores e empresas privadas".
Así mesmo, Fernández Alvariño indicou ante González-Bo que o "Banco Sabadell é esencial para o financiamento das pemes galegas", e que "as empresas necesitamos suficientes operadores bancarios, para que haxa competencia entre eles para o financiamento empresarial".
"Respectamos as regras do mercado, pero cremos que o sector bancario español, pasadas a crise e as fusións, está moi equilibrado", indicou o presidente de Grupo Alvariño e de Vicus Gallaecia.