Voltar atrás

Escrito o:

Previr trastornos musculoesqueléticos, obxectivo do ciclo de Talleres de Hixiene Postural da CEL

O pasado xoves, día 9 de maio, celebramos o segundo do catro Talleres de Hixiene Postural que estamos a organizar dende a CEL, co financiamento da Fundación para a Prevención de Riscos Laborais, co obxectivo de dar a coñecer hábitos de "Exercicio Saudable para Previr Trastornos Musculoesqueléticos".

Un novo grupo asistiu a unha clase divulgativa, que tivo lugar no Ximnasio DiSom en Lugo, a través da que se tentou espertar o interese na práctica diaria de exercicio físico con efectos beneficiosos para previr e mitigar os riscos asociados ao desenvolvemento de traballos de pé e sentado, en especial os trastornos musculoesqueléticos.

No marco deste ciclo celebraranse dous talleres máis en próximas datas, para os que aínda hai prazas: terán lugar o xoves día 23 de maio e o xoves día 6 de xuño. Para asistir é obrigatorio tramitar inscrición.

Os interesados en asistir poden obtern máis información no número de teléfono 982 23 11 50 ou pinchando neste enlace.