Volver atrás

Escrito el:

Los empresarios de Lugo se informan sobre oportunidades de negocio en Brasil

Unha trintena de empresarios déronse esta tarde cita na sede central da Confederación de Empresarios de Lugo para informarse sobre oportunidades de negocio no mercado de Brasil, nun taller organizado por esta entidade no marco do programa Internovamarket - Food, posto en marcha a través do Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, e que busca romover a mellora da competitividade e a capacidade exportadora de pemes do sector agroalimentario da Eurorrexión Galicia ? Norte de Portugal.  

O taller contou tamén coa colaboración do despacho Caruncho, Tomei & Judel, e coas intervencións de María Montalvo, cónsul honorario de Brasil en Galicia, que expuxo unha visión xeral da situación do país e as oportunidades que ofrece para as empresas; Manuel Expósito, director de internacionalización Galicia - Asturias do Banco Santander, que detallou os programas desta entidade financeira para apoiar a internacionalización empresarial; Rafael González, socio - avogado de Caruncho, Tomei & Judel, que centrou a súa exposición en cuestións máis concretas para investir en Brasil e Pablo Miñambres, director do departamento xurídico e membro do Comité de Dirección de Fillos de Rivera S.A.U., que ofreceu uan visión das posibilidades de Brasil desde o punto de vista empresarial. Presentou a xornada Ramón Alonso, membro do Consello de Administración da CEL e responsable da empresa Cafés Candeas.