¿Quen somos?
Somos unha organización sen ánimo de lucro, fundada en 1977, que aglutina ás asociacións empresariais e empresas da provincia de Lugo que libremente unen esforzos e buscan o noso apoio profesional.
Máis informaciónServizos
Proporcionamos aos nosos asociados representación institucional e servizos de información e asesoría xurídica, laboral, económico - fiscal, en materia de prevención de riscos laborais, comercio exterior, formación e emprego, comunicación…
Subscribimos convenios con outras entidades para facilitar aos nosos asociados o acceso a produtos e servizos adicionais en condicións preferentes de financiamento, a prezos reducidos e con descontos especiais.
Máis informaciónAsóciate
Contamos cun equipo de profesionais multidisciplinar, con probada formación e experiencia nas diferentes cuestións do día a día dunha empresa, sexa cal sexa o seu sector de actividade. Ante calquera problema ou dúbida, nós orientámoste.
Traballamos por e para tí. Coñécenos e asóciate.
Máis informaciónLembra que para que podamos atender as túas consultas tes que estar asociado Máis información
Servizos
- Xurídico
- Laboral
- Gabinete PRL
- Económico-Fiscal
- Emprendedores
- Comercio Exterior
- Formación
- Orientación
- Comunicación
Xurídico
Contamos cun equipo de avogados con ampla experiencia no asesoramento e apoio xurídico ás empresas.
Esta área departamental, en estreita colaboración coa de Asesoría Laboral, proporciona ás empresas servizos como:
- Preparación de alegacións e recursos administrativos
- Contratos mercantís: redacción e revisión; intermediación en conflitos ente empresas…
- Xestión de impagos
- Medio ambiente: xestión de residuos, envases…
- Consumo e comercio: normativa, calendario de festivos, expedientes sancionadores…
- Asesoramento e tramitación de reclamacións ante empresas subministradoras.
- Propiedade industrial
- Normativa sectorialespecífica: transporte de mercadorías por estrada, estacións de servizo...
- Arrendamentos urbanos: consultas, incidencias, redacción e revisión de contratos…
- Urbanismo: plans de ordenación alegacións, …
Laboral
O noso equipo de avogados conta cunha ampla práctica profesional, continuamente actualizada, no asesoramento e apoio en cuestións do ámbito laboral das empresas.
Esta área departamental cobre diferentes servizos:
-
Información, asesoramento e consultoría: :
- Modalidades de contratación
- Regulacións de emprego
- Calendario laboral
- Convenios colectivos
- Táboas salariais
- Expedientes sancionadores
- Inspeccións de traballo
- Estranxeiría
- Asesoramento e asistencia a conciliacións laborais (SMAC)
- Trámites: alta e baixa de traballadores, resolución de incidencias con Sistema REDE, comunicacións de apertura de centro de traballo, partes de alta e baixa médica, partes por enfermidade…
- …
- Información e asesoramento sobre novidades lexislativas de carácter laboral.
- Negociación colectiva
Económico-Fiscal
Licenciados en Ciencias Económicas y Empresariales atienden este área departamental desde la que facilitamos servizos de información, asesoramento e consultoría en materia de:
- Fiscalidade:
- Imposto de Sociedades
- IVA
- IRPF
- Transmisións patrimoniais
- Imposto de Sucesións e Doazóns
- …
- Axudas e subvencións.
- Financiamento: asesoramento sobre liñas financeiras dispoñibles (ICO, Igape,...)
- Resolución de dúbidas sobre contabilidade e xestión económica.
- Servizo adicional de asesoramento a emprendedores (trámites iniciais).
Comercio Exterior
Ofrecemos consultoría especializada para a resolución de dúbidas relacionadas coa saída ao exterior das empresas.
Proporcionamos información sobre todas as accións de interese postas en marcha en materia de internacionalización por diferentes entidades públicas e privadas.
Entre outras cuestións, facilitamos información e asesoramento sobre:
- Cómo iniciar unha exportación
- Establecemento de contactos con compradores doutros países
- Licitacións internacionais
- Axudas para internacionalización
- Feiras e misións comerciais
- Organización de xornadas e cursos sobre internacionalización
O Departamento de Comercio Exterior é tamén o responsable na CEL da xestión do proyecto Lan Pymexport, comunidade virtual de pemes exportadoras.
Gabinete de Asistencia Técnica en PRL
Oficina Técnica en Prevención de Riscos Laborais para Pemes é un servizo de consultoría adicional á área laboral.
Coa finaciación da Fundación para a Prevención de Riscos Laborais, desde esta área departamental ofrecemos os seguintes servizos:
O Gabinete de Asistencia Técnica en Prevención de Riesgos Laborales é un servizo de consultoría adicional a área laboral, sostenido coa financiación da Fundación Estatal para la Prevención de Riesgos Laborales, F.S.P. Dende esta área departamental ofrecemos os seguientes servizos:
- Resolución de consultas de empresas sobre as súas obrigas en materia de seguridade e saúde laboral.
- Asesoramento sobre modalidades de xestión da prevención: organización da actividade preventiva.
- Información e asesoramento sobre lexislación en materia de PRL vixente. Resolución de dúbidas sobre a súa aplicación.
- Organización de xornadas, seminarios e cursos en materia de PRL.
- Publicacións: elaboración de material informativo especializado en PRL.
- Desenvolvemento de campañas de sensibilización.
Contacto:
Sede Gabinete PRL Plaza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta 27.001 (Lugo) Tel. 982 23 11 50Horario de Atención ao Público:
Do 1 de xaneiro a0 30 de xuño e do 1 de outubro ao 31 de decembro.
Mañás:
Lues - Venres de 9:00h a 14:00h
Tardes:
Lues - Xoves de 16:00 a 20:00 h.
Do 1 de Xuño ao 31 de agosto.
Mañás:
Luns – Venres de 9:00 a 14:00 h.
Comunicación
Dende a área de comunicación xestionamos a relación cos medios dde comunicación da nosa área de influencia, así como toda a información institucional da CEL e as nosas asociacións.
Desde esta área departamental facilitamos tamén un servizo de asesoramento en materia de comunicación ás nosas asociacións e empresas integradas, que inclúe:
- Contacto con medios de comunicación.
- Redacción e difusión de noticias a medios e a través das nosas canles de comunicación.
- Resolución de dúbidas en materia de accións de comunicación empresarial: presentacións de produto, guía de comunicación...
Consulta as nosas últimas noticias
Formación
A CEL organiza periodicamente diferentes accións formativas e divulgativas (cursos, xornadas, seminarios…), dirixidos tanto a traballadores como a desempregados, empresarios, directivos, autónomos e emprendedores.
O obxectivo de cada unha destas accións é contribuír á mellora constante da cualificación profesional dos seus destinatarios, fomentando ao mesmo tempo a mellora da competitividade das nosas empresas.
Entre outras, os programas formativos da CEL abordan áreas como:
- Dirección e Xestión Empresarial
- Novas Tecnoloxías
- Mercadotecnia e Comunicación
- Recursos Humanos
- Prevención de Riscos Laborais
- Medio Ambiente
- Calidade
- Xestión Industrial
- Sanidade
- Turismo
- Etc.
Emprego
As persoas en situación de desemprego ou con interese en mellora da súa empleabilidad tamén dispoñen dun servizo de asesoramento personalizado e especializado en orientación laboral.
- Elaboración e revisión decurrículum vitae
- Itinerarios personalizados deinserción
- Información sobre certificados de profesionalidade.
- Elaboración de dossiers con ofertas de emprego
- Información sobre bolsas
- Prácticas en empresas
- Traballo no exterior: RED Eures
- Axencia de colocación (Nº 1100000030)
RECORDATORIO AOS USUARIOS DOS SERVICIOS DE ORIENTACIÓN LABORAL DA CEL
Emprendedores
Baseado na nosa dilatada experiencia en materia de asesoramento empresarial, dende a CEL tamén atendemos a emprendedores interesados en por en marcha unha nova empresa. A través deste servizo, facilitamos información sobre trámites iniciais na creación dun negocio, axudas para inicio de actividade…
Para o acceso a este servizo é obrigatoria a reserva de cita personalizada no número de teléfono 982 23 11 50.
Fundación CEL
Como apoio adicional ao emprendedor, a CEL promoveu e forma parte da Fundación CEL - Iniciativas por Lugo, un centro de iniciativas empresariais, fundado en 1997, que conta nas súas instalacións cun viveiro de empresas a través do que presta tutelaxe aos emprendedores durante os primeiros pasos do seu proxecto empresarial.
Este viveiro de empresas ten capacidade para acoller a máis dunha vintena de proxectos.