Condicións legais e de protección de datos
A Confederación de Empresarios de Lugo, en cumprimento da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE), infórmalle que:
- De conformidade á Lei 19/1977, de 1 de abril, Real Decreto 875/1977, de 22 de abril e disposicións concordantes, constitúese, por tempo indefinido, a Confederación Empresarial da Provincia de Lugo (en diante CEL), como organización interprofesional, de ámbito provincial, que ten por obxecto a coordinación, xestión, fomento e defensa dos intereses xerais e comúns de carácter empresarial.
- O seu domicilio social está en: Pza. de Santo Domingo, 6-8-2º - 27001 Lugo.
- O seu CIF é: G27019793.
- A súa dirección de correo electrónico é: sedecentral@cel.es
- En data 10 de setembro de 2003, comunicouse ao Negociado de Depósito de Estatutos da Delegación Provincial en Lugo da Consellería de Asuntos Sociais a titularidade do dominio celugo.es
- En data 25 de novembro de 2005, comunicouse ao Servizo Provincial de Relacións Laborais da Delegación Provincial en Lugo da Consellería de Traballo a titularidade do dominio cel.es
Os datos aquí reflectidos móstranse en cumprimento da citada Lei, quedando prohibida a súa utilización para calquera outro fin non previsto nela. Atopará os medios de entrar en contacto con esta Confederación de Empresarios tanto no apartado "contacto" como no pé de páxina.
O uso deste sitio web implica expresa e plena aceptación das condicións aquí expostas.
Contido e propiedade intelectual
O obxectivo deste sitio web é ofrecer información e documentación de interese empresarial ás súas organizacións asociadas e ao público en xeral.
De forma máis particular, a CEL ofrecerá, tanto ás asociacións integradas como ás empresas pertencentes a asociacións que conforman a CEL, información e documentación máis pormenorizada á que só terán acceso, de forma restrinxida, os usuarios autorizados, que disporán dunha clave de usuario e contrasinal persoal e intransferible, podendo ser usada en calquera dos computadores da empresa.
A información publicada neste sitio provén de diferentes fontes:
- Informes, circulares, etc. elaborados polos distintos departamentos da CEL.
- Comunicacións de empresas e asociacións integradas.
- Comunicacións doutras institucións (CEOE, CEPYME, ICEX, etc.).
- Boletíns Oficiais (BOP, DOG, BOE,...).
- Outras fontes de interese xeral (Administracións Públicas,...)
A CEL non se fai responsable da información que, recollida neste sitio, proveña doutras institucións.
Así mesmo, a CEL non se fai responsable da información publicada noutros sitios web aos cales se acceda a través de ligazóns situadas neste.
Autorízase a reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación da información de acceso libre dispoñible neste sitio web, con excepción dos contidos sobre os que existan dereitos de propiedade intelectual ou industrial por parte de terceiros, de acordo cos seguintes termos:
- Non se autoriza a desnaturalización do contido da información.
- O usuario debe facer constar a fonte e a data dos documentos utilizados.
Non se autoriza a reprodución da información e documentación de acceso restrinxido.
As marcas, nomes comerciais ou signos distintivos son titularidade da CEL ou terceiros, sen que poida entenderse que o acceso á web e a posibilidade de reproducir a información de libre acceso atribúa ningún dereito sobre as citadas marcas, nomes comerciais e/ou signos distintivos.
Queda expresamente prohibida calquera alteración, cambio, modificación ou adaptación desta páxina web por persoas non autorizadas pola CEL.
Política de cookies
Na web http://www.cel.es utilizamos cookies para facilitar a relación dos visitantes co noso contido e para permitir elaborar estatísticas sobre as visitas que recibimos. En cumprimento do art. 22 da Lei 34/2002, de servizos da Sociedade da Información, modificada por Real Decreto-lei 13/2012 polo que se traspón, entre outras, a Directiva 2009/136/CE, procedemos a informalo detalladamente do uso que se realiza na nosa web.
Denomínanse cookies a uns pequenos arquivos que se gravan no navegador utilizado por cada visitante da nosa web para que o servidor poida recordar a visita dese usuario con posterioridade cando volva acceder aos nosos contidos. Esta información non revela a súa identidade, nin dato persoal ningún, nin accede ao contido almacenado no seu PC, pero si que permite ao noso sistema identificalo a vostede como un usuario determinado que xa visitou a web con anterioridade, visualizou determinadas páxinas, etc. e ademais permite gardar as súas preferencias persoais e información técnica como por exemplo as visitas realizadas ou páxinas concretas que visite.
Se vostede non desexa que se garden cookies no seu navegador ou prefire recibir unha información cada vez que unha cookie solicite instalarse, pode configurar as súas opcións de navegación para que se faga desa forma. A maior parte dos navegadores permiten a xestión das cookies de 3 xeitos diferentes:
- As cookies son sempre rexeitadas
- O navegador pregunta se o usuario desexa instalar cada cookie
- As cookies son sempre aceptadas
O seu navegador tamén pode incluír a posibilidade de seleccionar con detalle as cookies que desexa que se instalen no seu ordenador. En concreto, o usuario pode normalmente aceptar algunha das seguintes opcións:
- Rexeitar as cookies de determinados dominios
- Rexeitar as cookies de terceiros
- Aceptar cookies como non persistentes (elimínanse cando o navegador se pecha)
- Permitir ao servidor crear cookies para un dominio diferente
Pode atopar información sobre como configurar os navegadores máis empregados nas seguintes ubicacións:
- Google Chrome, dende aquí
- Internet Explorer, dende aquí
- Mozilla Firefox, dende aquí
- Safari, dende aquí
Respecto das cookies de terceiros, é dicir aquelas que son alleas ao noso sitio web, non podemos facernos responsables do contido e veracidade das políticas de privacidade que eles inclúen, polo que a información que lle ofrecemos é sempre con referencia á fonte. Temos só 1 tipo de cookie de terceiros, correspondente a Google analytics. Esta é utilizada para reportar estatísticas a ditos terceiros.
Protección de datos de carácter persoal
Infórmaselle que calquera tratamento de datos de carácter persoal que a CEL efectúa utilizando esta páxina web, realízase de acordo co disposto no Regulamento Europeo 679/2016, de Protección de Datos de Carácter Persoal, garantindo a súa confidencialidade.
Con respecto aos datos recollidos nos formularios de suscrición ao boletín de formación e/ou newsletter xeral informámoslle do seguinte:
Responsable:
- Identidade: Confederación de Empresarios de Lugo (CEL)
- CIF: G27019793
- Enderezo postal: Plaza de Santo Domingo, 6-8-2º; 27001 Lugo
- Teléfono: 982.231150
- Correo electrónico: lopd@cel.es:
Finalidade
Recollemos o seu nome e enderezo electrónico para enviarlle información que cremos pode resultar do seu interese relacionada con formación (cursos, xornadas, seminarios, etc.) ou información máis xeral.
Conservación dos seus datos
Conservaremos os seus datos ata que vostede exerza os dereitos de supresión ou oposición, recollidos na normativa vixente. En calquera momento pode cursar a súa baixa no boletín pulsando a ligazón que para tal efecto irá ao remate de cada envío.
Lexitimación
A base legal para a recollida dos seus datos é o seu propio consentimento ou do seu representante legal para ser incluído/a neste servizo de axencia privada de colocación.
Destinatarios
Os seus datos non serán comunicados a ningunha entidade.
Dereitos
Vostede ten recoñecidos, pola normativa aplicable á protección de datos, os derecits de acceso aos datos personais, obtidos neste ou notros formularios, así como á súa rectificación ou supresión, á limitación ou oposición ao seu tratamento, á portabilidade dos seus datos, así como a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente en tratamentos automatizados. Tamén ten dereito a presentar unha reclamación perante unha autoridade de control como, por exemplo, a Agencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es)